ESPIGA, Asociación Galega para a Bioconstrución, é unha asociación sen ánimo de lucro que nace no ano 2013 para satisfacer a necesidade social de reunión de profesionais e particulares interesados no uso de materiais sostibles, vivendas libres de tóxicos, eficiencia enerxética e respecto social na construción.

Os fins de Espiga son a investigación,  o desenvolvemento, a divulgación e a formación necesaria para unha construción sa, sostible, eficiente e ética. Estes principios irán conformando a materialización dunha nova forma de concibir a construción máis orientada á vida, á saúde dos futuros usuarios e por ende á saúde no ámbito global ou medio no que se desenvolva.

cropped-cropped-DSCF2656.jpg

OS PRINCIPIOS

Construción sa: Perséguese que a edificación sexa saudable para os seus moradores, para iso promovémo-los seguintes principios:

– Elección da localización máis favorable e integración urbanística positiva.

– Avaliación de factores de risco en torno á edificación como son a contaminación acústica, fontes de contaminación electromagnética naturais e artificiais e fontes de contaminación ambiental.

– Utilización de criterios de bioconstrución como son: deseño bioclimático, uso de envolventes higroscópicas ou transpirables, uso de materiais sans e naturais, aproveitamento da luz natural, minoración da contaminación eléctrica e electromagnética no interior das edificacións e consecución dunha boa calidade do aire no interior das edificacións.

Construción sostible: Promóvese a redución do impacto ambiental da edificación e a utilización de materiais que requiran pouca enerxía para a súa produción e/ou transformación. E buscase tamén minimizar o consumo de recursos non renovables así como a xeración de residuos contaminantes promovendo a reciclaxe e utilización de produtos e materiais locais evitando grandes transportes.

Construción eficiente: Foméntase o aforro de enerxía e de auga así como o uso de enerxías renovables. Promóvense sistemas sinxelos, económicos, respectuosos, que non se esgoten e que permitan a máxima descentralización, buscando unha autosuficiencia máxima. Favorécese a arquitectura bioclimática, reducindo grazas ao deseño, ao aproveitamento solar pasivo e á correcta elección de sistemas construtivos e de instalacións, as necesidades de calefacción e climatización co conseguinte aforro de enerxía.

Construción ética: Apóianse proxectos e iniciativas que sexan respectuosas coas persoas, familias, comunidades e co medio e que xeren un desenvolvemento sostible. Dentro do marco da bioconstrución foméntanse os seguintes principios e valores: respecto, responsabilidade, xustiza, honestidade, consistencia e transparencia.

 

OS MEDIOS de ESPIGA

Apoio técnico: Facilitar o achegamento entre profesionais e usuarios vinculados á bioconstrución

Divulgación: Mediante participación/organización en feiras sectoriais, conferencias, foros e xornadas específicas que podan chegar á maior parte dos ámbitos sociais tanto públicos como privados.

Formación: Realización de cursos experimentais e obradoiros específicos para dar a coñecer a metodoloxía e tecnoloxía inherentes ó proceso da bioconstrución.

Investigación e Desenvolvemento: Relacionados tanto coas innovacións técnicas do sector da construción, como có estudo e desenvolvemento específico de materiais biocompatibles (sustentables) a utilizar neste ámbito.

bioconstrucion

 

OS SOCIOS

O equipo de ESPIGA está formado por os seguintes socios

Socios Numerarios

Abel Iglesias Villar, Alejandro Fernández Palicio, Alessandro Carbutti, Ana Recuna Carrasco, Ana Fariña Casal, Anais Nievas Cabanelas, Ángel Rodal Antepazo, Ángela Martínez Lago, Antonio López, Antonio Rodríguez Arenas, Antonio Manuel Seijas Pardo, Beatriz García Ron, Beatriz Asorey Mera, Breogán Udias López, Carlos Varela, Carmen Soriano Pereda, Carolina Martínez García, Carolina Sánchez Sanz, Carolina Vanesa Fernández Oliveira, Clara Torréns Chamosa, Concepción Fernández Ferreiro, Cristina Bellón Fidalgo, Dalia Pena Fernández, Damián Prado Álvarez, Daniel Burés Ares, David Blasco Luque, David Mouriño Gallego, Denís Gándara, Divina Pérez Viña, Eloy Blanco Becerra, Eva Abal Tobio, Eva Crecente Dapena, Eva María Villar Mosquera, Fatima Dominguez Portela, Fatima Leal Bolado, Félix González Álvarez, Guido Alfonso Tomasini, Heitor Rodal, Hilda Cuba Cabana, Iago Rubio Rego, Ignacio Mendizábal Herrero, Irene González Veiga, Iria Urdampilleta Pérez, Javier Ovejero Becerra, Jesús Huertas Sanz, Jesús Felipe González García, Jesús Manuel González Iglesias, José Luis Torres Muñoz, José Manuel Barcia Esperón, José Manuel Menéndez Varela, José Miguel Pérez Bermúdez, Laura Otero Ogando, Leandro Campaninni Senn, Lorenzo González Bemposta, Lucia Rivas Rodríguez, Luigi Pirelli, Luis Méndez Estévez, Luis Carretero Castiñeira, Luisa Trigo Necega, Macarena Outeiral Oliveros, Manuel Otero Alonso, Manuel Iglesias González, Marcelo Lamas Hernández, Marcos Fuentes Sánchez, Marcos Zacarías, María Eyo Ferreiro, María Ferreirós Magariños, María Alicia Machuca Huaman, María Cristina González Pérez, María José Zelada Tomé, María Lucía Caeiro Vigo, Marta Viña Bravo, Marta Salgado Santa-Cruz, Marta María Gómez Piñeiro, Martín Moreda García-Echave, Martín García Lemos, Miguel Serrano Gómez, Miguel Otero Rúa, Miguel Anxo Caldas Trincoso, Natalia Plaza, Natalia Campos Ferro, Oscar Rivero Nogueiras, Pablo Galdo Porca, Pablo Noya Arnaiz, Paul Van Der Mel, Paula González Vázquez, Paula Gallego Barril, Paula Sánchez Landeira, Pilar Castro Caamaño, Raquel López Suárez, Roberto Roget Antelo, Roberto Rodríguez Álvaro, Roberto Martínez Alfonso, Rosalía Fernández Pardo, Rosalidia Álvarez Hernández, Rubén Escudero, Rupert Kolb, Santiago González Iglesias, Sol Ocampo Álvarez, Verónica Rivero Nogueiras, Vicente Ares, Víctor González García-Echave, Xabier Bernárdez Fresco, Xulio Fernández Pazó, Xurxo Fernández Suarez, Yerba Giménez González

Socios Fundadores

Ana Recuna Carrasco, Antonio Manuel Seijas Pardo, Carolina Martínez García, Ignacio Mendizábal Herrero, Manuel Otero Alonso, Miguel Serrano Gómez, Xulio Fernández Pazó

bioconstrución

A XUNTA DE GOBERNO

A Xunta do Goberno de Espiga, Asociación Galega para a Bioconstrución está composta polos seguintes membros:

  • Presidenta: Ángela Martínez Lago
  • Vicepresidenta: Paloma Soriano Pereda
  • Tesoureiro: Miguel Serrano Gómez
  • Secretario: David Mouriño Gallego